lunes, 3 de diciembre de 2007

LO QUE NOS CUENTA UN GALLEGO :

Vagancia creativa
Veciño deNarón. Estudante. SON VAGO. Nacín vago e o sigo sendo
Autor del comentario:
Juan E. Rodríguez Fernández
Localidad:
SON VAGO. Nacín vago e o sigo sendo. A vagancia non é mala, ata pódese dicir, que mentres sexa unha vagancia creativa, é algo beneficioso; o que non ten xeito ningún é a vagancia con maiúsculas: a vagancia absoluta.
Explícome. Se che pica un pé, poñamos por caso (porque é xusto o que me pica agora: o pé dereito) e non fas nada para solucinalo, esperando a que che pase o picor, coa temible consecuencia de que ese picor se prorrogue pola eternidade, neste caso estaríamos a falar de vagancia absoluta; pasividade total, coma un vexetal pero con consciencia. Seguindo co exemplo do picor do pé, se pensas en solucionalo dende a perspectiva innovadora da vagancia e non como eses tolos aos que lles faltaría tempo para dobrar o lombo e rascar con saña o inocente pé, pero tampouco ves con bos ollos a idea de non facer para remedialo, pode xurdir de aí o algo que remedie este picor, un invento¿ agora xa non é invento, pero no seu momento si que o foi: un pao de madeira rematado na súa parte superior cunha man, tamén de madeira ou de metal, para así poder rascar o pé sen moito esforzo.
Seica moita xente puido esbozar un sorriso ao ler as líneas precedentes: iso é porque é un exemplo sinxelo e foi o primeiro que me cruzou polos miolos (e o pé dereito), pero podo poñer exemplos máis significativos que vos fagan meditar: ¿como naceu a agricultura co boa que está a carne?
Consecuencia de non tomarse a molestia de ter que ir cazar e andar tras os animais, co cómodos que podían estar tumbados baixo unha árbore! Por iso o home é vago-sedentario. Da Muralla China pódese sacar a mesma conclusión: ¿Por que saír da casa para defenderte do inimigo se podes facer unha muralla que te defenda, e ti, mentres, no outro lado tan tranquilo?... e por non falar do mando a distancia da TV¿ Mentres sexamos vago-creativos non hai problema.

1 comentario:

Metalsaurio dijo...

Vaya, parece que no ha durado mucho tu blog, pero que sepas que me has una buena alegría al ver el que creo que es mi primer relato publicado en tu blog.

Lo envié a La Voz de Galicia, creo que en el verano de 2006 y a parte de publicarlo en la edición de papel, también lo subieron a internet. Pensaba que ya no habría rastro de él.

Podría estar más orgulloso de él de lo que lo estoy, pero, en fin, una cosa simpática para cerrar el día :)

Un saludo.